Abril
2012
O día 24 de abril seguimos celebrando o Día do Libro facendo un concurso no que che invitamos participar.
No primeiro e segundo recreo, na Biblioteca, faremos o visionado, duns 15 minutos, dunha curta (podes ir no recreo que prefiras) . Ao acabar darémosche unha ficha para que contestes unhas preguntas e que poderás entregar durante os recreos do día 25. Entre os que acerten sortearanse uns sinxelos agasallos no segundo recreo do xoves 26.
Búscase Se busca Wanted On cherche
|
Pistas Número |
|
Obra |
| 1 | ![]() |
|
| 2 | ||
| 3 | ||
| 4 | ||
| 5 | ||
| 6 | ||
| 7 | ||
| 8 | ||
| 9 | ||
| 10 | ||
| 11 | ![]() |
|
| 12 |
Recóllese a ficha na biblioteca e os fragmentos literarios están no taboleiro e colgaranse no blog na Semana do 23 ao 27 de abril.
Datos do participante
Alumno/a:…………………………………………………………………………………
Curso………………………………….Grupo……………………………………………
Para cubrir polo profesorado encargado:
Data………………………………….Recollida……………………………….Selo…….
CONCURSO
Búscase Se busca
Wanted On cherche
Bases para participar no concurso da biblioteca Miraflores.
Obxectivo:
● Trátase de identificar o título da obra e nome do seu autor a partir das citas literarias seleccionadas.
Procedemento:
● Ler as doce citas literarias.
● Recoller unha ficha na biblioteca para cubrila cos datos de cada autor e obra que teñas identificada. Engadir o teu nome, apelidos, curso e grupo.
● Entregar as fichas ben cumprimentadas na biblioteca durante os recreos, desde luns, 23 de abril ao venres, día 27. Rematará a recollida ás 12:30 horas do mesmo venres.
● Anunciarase o fallo o xoves, 3 de maio no segundo recreo.
Premios:
● Os alumnos que acerten os títulos e autores das 12 obras, escollerá como premio a que prefira delas.
● Os demais alumnos participantes recibirán un pequeno agasallo.
1º premio : María Isabel Rodríguez 3ºC
2º premio: Esperanza Quián Rivas 3ºC
3ºpremio: Nerea Salvador Lois 3ºC
A gañadora do premio Pelis de Amor foi
SARAY GALÁN DOMÍNGUEZ de 1º ESO A
O premio consistiu nun mini altofalante para portátil, móbil, mp3 …e o que se queira.
Parabéns e ata o próximo concurso.
Apolo e os seu cortexo de Musas vistáronnos estes días: os alumnos de 2º de bach. fixeron, para os de 1º de bach, unha representación na que explicaban as atribucións de casa Musa.
Faleceu o 1 de febreiro de 2012, Wislawa Szymborska, poeta polaca e premio Nobel de Literatura no ano 1996.
Wislawa Szymborska déixanos por veces unha visión irónica e tenra do mundo no que vivimos e noutras ocasións a súa palabra expresa as dores cos fracasos da nosa civilizada sociedade
Non sei como será noutras partes,
pero aquí na Terra hai abondo de todo.
Aquí fabrícanse cadeiras e tristuras,
tesoiras, violíns, tenrura, transistores,
diques, bromas, cuncas….
A vida na Terra sae bastante barata
Polos soños, por exemplo, non se paga nin un céntimo.
Polas ilusións, só cando se perden.
Por posuír un corpo, págase co corpo.
Hai guerras, o noso tempo é efémero,
pero estamos embarcados nunha gran viaxe,
xiramos sen billete nun carrusel de planetas
e ademais, de moca, nun remuíño de galaxias.
DIVORCIO
Para los niños el primer fin del mundo de su vida.
Para el gato un nuevo dueño.
Para el perro una dueña nueva.
Para los muebles escaleras, golpes, carga, descarga.
Para las paredes claros cuadrados tras los cuadros descolgados.
Para los vecinos de la planta baja un tema, una pausa en el hastío.
Para el coche mejor que fueran dos.
Para las novelas, la poesía — de acuerdo, llévate lo que quieras.
Peor para la enciclopedia y el vídeo, ah, y para el manual de ortografía,
donde tal vez se explique el tema de los dos nombres:
si todavía unirlos con la conjunción “y”,
o ya separarlos con un punto.